Cabana | Presentación da exposición fotográfica “Cores da terra” en Dombate

Cedida

O Dolmen de Dombate acolleu este venres a presentación da exposición fotográfica “Cores da terra”, de Santiago Garrido, redactor de La Voz de Galicia. A mostra, que poderá visitarse durante todo o mes de maio, forma parte das actividades organizadas polo Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas. Ao acto, ademais do propio autor, acudiron o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luis Penas, e o alcalde de Cabana, José Muíño.

A exposición está composta por imaxes que responden ás cousas de sempre, ás paisaxes tradicionais e solpores que buscan o miúdo e o anónimo. “É un tema que nunca tratei moito, o miúdo, o pequeno, as cousa que nos rodean e que moitas veces pasan inadvertidas tanto en nomes como en sabores, neste momento desde o punto de vista visual”, sinalou Garrido, quen foi solicitado polo Concello para que fixera unha selección daquelas imaxes que o xornalista sobe ás súas redes sociais.

O rexedor de Cabana agradeceu “tanto a Santi Garrido como á Deputación da Coruña que se teña organizado esta exposición, que pon en valor o noso Dolmen de Dombate”.