Cabana | Máis de 200 escolares desfrutaron da Romaría de Inverno

0 minutes read
  • Desenvolveuse este xoves no campo de San Fins do Castro

A Romaría de Inverno celebrada este xoves en San Fins do Castro xuntou a máis de 200 estudantes dos centros educativos de Cabana de Bergantiños.

O evento, organizado polo departamento de Cultura do Concello, contou con actuacións musicais a cargo de A.C. O Son do Castro e de Cé Orquestra Pantasma, degustación de chocolate con churros e castañas asadas, visita dos lugares máis emblemáticos do municipio a través dun tren turístico e a tradicional representación do Berro Seco.