Cabana | O Dolmen de Dombate acolleu a actuación de Xabier Díaz

0 minutes read

Foi un dos eventos máis agardados da programación cultural cabanesa deste verán, tal e como amosou a rápida reserva das prazas dispoñibles para asistir ao concerto.

Enmarcado no ciclo Concertos con Encanto, o músico coruñés, un dos grandes referentes da música e do folclore popular galego, deleitou ás persoas asistentes cun amplo repertorio á luz das estrelas no que combinou numerosas composicións e unha ampla variedade de instrumentos.