Cae unha rede de ciberestafadores que lle cargaron 4.100€ a unha muller que estaba de vacacións en Carballo

1 minutes read

A Garda Civil no marco da Operación GUSMAN, desarticulou unha rede criminal adicada á ciberestafa, logrando a imputación de sete persoas e a identificación doutras catro como testemuñas. A investigación, coordinada polo Equipo @Coruña e en colaboración con unidades de Policía Xudicial de Almería, Barcelona, Guadalaxara, Castelló, Valencia e Zaragoza, permitiu esclarecer a estafa de 4.100€ a unha persoa que se atopaba de vacacións na Carballo.
A investigación iniciouse tras a denuncia dunha muller que, durante as súas vacacións, recibiu múltiples notificacións de cargos fraudulentos na súa tarxeta bancaria. En total, efectuáronse 59 cargos non autorizados, que sumaban máis de 4.100€. Grazas á súa rápida reacción, deu de baixa a tarxeta, impedindo máis prexuízos económicos.
O Equipo @Coruña, tras un exhaustivo rastrexo dixital, determinou que os estafadores utilizaran a técnica de phishing para introducir un malware no teléfono móbil da vítima. Este software malicioso permitiu aos delincuentes roubar os datos da súa tarxeta bancaria, que posteriormente foron vendidos en canles privadas de mensaxería. Os compradores desta información ilícita crearon contas de cliente falsas en diversas tendas online para adquirir produtos e pagar servizos, cargando os importes á tarxeta da vítima.
A rápida actuación dos axentes do Posto da Garda Civil de Carballo, xunto co traballo do Equipo @Coruña, permitiu recuperar parte do diñeiro estafado. Aínda que a operación logrou identificar a varios dos implicados, a investigación continúa aberta para localizar a todos os responsables dos cargos efectuados.