Senda Nova viaxa por Caión na X Primavera en Ruta

1 minutes read

A Asociación Ambiental Senda Nova volveu a realizar unha viaxe dentro da X Primavera en Ruta, desta vez por Caión, a través dun percorrido deseñado por Evaristo Domínguez Rial que se modificou para esa xornada a través do convite co Instituto de Estudos Bergantiñáns (IEB), que participou na actividade cun grupo de persoas que nutriu considerablemente un equipo total de máis de medio cento de camiñantes.

Xan Fernández Carrera, presidente do IEB, abriu a quenda de intervencións para valorar a relación entre a vila mariñeira actual e a dos orixes e, como non, a relación entre os primeiros poboadores desta costa coa orografía e xeografía dunha zona atractiva para a agricultura.

O ecuador da actividade estableceuse na Pedra do Sal, punto de inflexión desde o que chegaron a praia da Arnela ou o lugar de Leira, antes de finalizar en Caión.

Sen dúbida, Senda Nova volveu a unir cultura e deporte nunhas rutas especiais e cheas de valores.