A surcursal bancaria, que ademais contaba con caixeiro automático, botou o peche a finais do pasado ano. Dende aquela, os veciños teñen que recorrer aos bancos dos concellos da contorna, situados a máis de 10 quilómetros.
Polo de agora, a outra solución que lles ofrecen é un autobús que pasa polo concello unha vez á semana para dar servizos bancarios e posibilitar a retirada de efectivo das súas contas.
Os máis afectados son os maiores, que se atopan con máis dificultade á hora de adaptarse aos novos métodos de pagamento.
A partir desta situación, algúns locais da zona xa instalaron terminais de punto de venda (TPV) para cobrarlles aos clientes que o precisen. Porén, en Caión mantéñense á espera dalgunha solución efectiva que lles facilite o acceso a este servizo de primeira necesidade.