Caixabank despedirá a máis de oito mil empregados


A entidade formada tras o visto e prace do goberno español á privatización de Bankia e a súa absorción por La Caixa confirmou aos sindicatos o maior ere da historia da banca española, un plan para prescindir de 8.291 empregados, o 18,7 por cento do persoal do maior banco privado de España.

A diminución da competencia e o aumento da concentración bancaria vén acompañada dunha perdida de empregos como requisito anunciado para facer rendible a entidade. Bankia recibiu vinte e catro mil millóns de euros de diñeiro público dos que non devolveu preto do 86 por cento.

O goberno español subliñou que de non producirse a absorción os despedimentos serían aínda máis numerosos. A ministra de Facenda, María Jesús Montero, asegurou en rolda de prensa: “Con case toda seguridade, se non se produciron as fusións correspondentes no marco das entidades financeiras, estariamos a falar mesmo dun volume de traballadores superior porque hai, é importante lembralo, na contorna financeira necesidades de concentración para que xustamente podamos preservar o emprego que podamos preservar de forma óptima. “En total a banca privada española Caixabank, Santander e BBVA planea este ano máis de 18.000 despedimentos en plena crise económica producida pola pandemia.