28
Foi un particular o que avisou do incendio no paseo de Praia Xardín minutos antes das 5 da mañá.
Na extinción participaron tres dotacións de bombeiros e Protección Civil de Boiro e de Ribeira. Controlaron o lume sobre as sete da mañá, e arredor das nove xa o deron por extinguido e puido reabrir o tráfico da estrada que une Boiro con Escarabote. Xa nada puideron facer por salvar o local, xa que as lapas, axudadas polo vento, propagáronse rapidamente.
A Garda Civil abrirá unha investigación para tentar determinar as causas do lume, pero din que todo apunta a que foi un incendio fortuíto.