Calcinado un tractor de desbroce en Rus – Carballo

1 minutes read
  • O suceso tivo lugar preto das 5 da tarde deste mércores no lugar de Caxín.

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CAE112) mobilizou aos Bombeiros do Parque de Carballo por un incendio dun tractor que se atopaba facendo tarefas de limpeza de monte a uns 30 metros da estrada. Tamén se mobiliza a cuadrilla contra incendios forestais polo risco de que o lume se poida propagar ao monte da zona. Unha vez os Bombeiros no lugar, extinguiron o incendio coa colaboración do Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo e ademais refrixeraron todo o perímetro da zona para previr unha posible propagación do lume ao monte, no que empregaron un total de dous mil litros de auga. Na intervención ningunha persoa resultou ferida, so houbo danos materiais. Rematado o servizo e despois de comprobar que a situación quedara totalmente controlada, recolleron os datos necesarios e o material utilizado, informan ao CAE112 da situación existente e os servizos de emerxencia regresan ás súas bases. No lugar tamén fixo acto de presenza unha patrulla da Garda Civil de Carballo.