Calvo e Tellado á caza do voto en Carballo e Santa Comba

1 minutes read

O presidente provincial do Partido Popular da Coruña, Diego Calvo, participou este domingo en Carballo, acompañado polos candidatos ao Congreso e ao Senado, nun mitin no que aproveitou para insistir na importancia de que o voto de centrodereita se concentre na papeleta do Partido Popular para o próximo 10 de novembro, na mesma liña, o secretario xeral, Miguel Tellado, tamén participou nun mitin en Santa Comba. Na súa intervención, apelou a unir o voto de todos aqueles que non queren que Pedro Sánchez siga na Moncloa despois do 10-N. “Aquí mellor ca en ningún lado sabedes que cada papeleta pode ser decisiva”, dixo lembrando o axustado resultado das pasadas eleccións municipais na capital xalleira.