- A inauguración será este venres ás 19 horas. Previamente, no espigón de Camelle, exporase a mostra ‘Ants, Treballadores’
O Museo Man de Camelle, no concello de Camariñas, acollerá este venres unha nova exposición: Desde el Mar, de Diana Bustamente (Santa Eulalia del Río, Ibiza). A mostra, que se inaugurará ás 19 horas e poderá visitarse ata o 30 de maio, chega á vila do encaixe a través da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares, con Antoni Torres Martorell como comisario.
A pintura de Diana Bustamante conta co mar mediterráneo como gran protagonista, aínda que tamén hai espazo para a costa atlántica galega achegándose ao Faro Vilán e a Camelle, facendo unha pequena homenaxe a Manfred Gnädinger.
Previamente a esta inaguración, o espigón de Camelle acollerá de 17 a 19 horas a mostra ‘Ants, Treballadores’, realizada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras. Con motivo desta exposición, o Museo de Man organizou o pasado 25 de abril un obradoiro artístico baixo o nome de ‘Formigas’.