33
- O areal larachés de Caión tamén conseguiu a bandeira azul pola excelencia das súas augas e servizos
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, participou este mércores no acto de entrega das bandeiras azuis de Galicia que se celebrou en Marín e ao que acudiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O distintivo volveu recaer este ano na praia de Arou, aínda que tamén foron recoñecidos o Museo Man de Camelle e o Faro Vilán (este último por primeira vez) como Centro Azul.
O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, acompañado do tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, tamén se achegou ata Marín para recoller a bandeira azul que recoñece a excelencia das augas e dos servizos prestados no areal de Caión.