Camariñas | Aberto o prazo de inscrición nos obradoiros de conciliación

1 minutes read

O Concello de Camariñas abriu o prazo definitivo para inscribirse nos obradoiros de conciliación con 65 prazas en cada quenda e nas actividades náuticas con 20 prazas en cada quenda. Ambas as dúas actividades desenvolveranse de luns a venres de 10 a 13’30h.

O formulario de inscrición (dispoñible na web municipal) pode ser cuberto dende o ordenador ou dispositivo axeitado e despois imprimilo, ou ben, ten que ser impreso e cuberto a man. Para presentalo por medio do rexistro telemático, deben de estar en posesión da sinatura electrónica, de non ser así, deben presentalo tal e como aparece descrito no documento de información de actividades.

Formulario de inscrición.

O documento de pago de taxas, non hai que presentalo xunto co formulario de inscrición. Unha vez se teña a seguridade de ser adxudicatarias dunha praza das actividades, nese intre será requirido o documento que acredite o pago das taxas.

O documento de exoneración de responsabilidade, si se debe presentar obrigatoriamente xunto co formulario de inscrición.