Camariñas afrontará un cribado masivo nos próximos días

0 minutes read
  • As probas afectarán ao sector da hostalería e ás auxiliares a domicilio, entre outros

Os casos por coronavirus seguen medrando nalgúns concellos da Costa da Morte, como Fisterra ou Camariñas, con 33 e 30 positivos respectivamente a día de hoxe. Neste último o SERGAS fará un cribado nos vindeiros días.

A alcaldesa, Sandra Ínsua, mantivo unha conversa este luns co xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, quen sinalou que o cribado afectará á hostalería, taxistas, auxiliares a domicilio e tamén á confraría.