Camariñas | Autónomos e empresas afectadas pola Covid-19 recibirán máis de 100.000 euros en axudas

1 minutes read
  • As subvencións irán desde os 1.500 ata os 3.000 euros, dependendo do número de traballadores e a redución da actividade

O Concello de Camariñas destinará 102.000 euros en axudas para aqueles autónomos e microempresas do municipio que se viron directamente afectados ao declararse o estado de alarma.

Os gastos subvencionables son a compra de material desinfectante e de limpeza, seguros, subministros (auga, luz, electricidade, combustible…), adquisición de mamparas, arrendamentos de locais, vehículos ou maquinaria. Todo terá que estar debidamente xustificado desde o 1 de marzo ao 31 de decembro de 2020.

De canto son as cuantías? Os traballadores sen obreiros ao seu cargo afectados polo peche ou cunha facturación reducida nun 75% recibirán 1.500 euros. Pola contra, as microempresas e aquelas persoas que si contaban con persoal ao seu cargo afectados polo peche, cunha facturación reducida nun 75% ou que se viran obrigadas a acollerse a un ERTE, recibirán 2.000 euros se teñen un só traballador, 2.500 euros entre 2 e 5 traballadores e 3.000 euros entre 6 e 9.

O Concello de Camariñas anunciará nos próximos días a apertura do prazo de solicitudes que terán que enviarse a través da sede electrónica municipa,l polo que será necesario dispoñer dun certificado dixital para tramitalas.