Camariñas | Case 200 persoas participarán este domingo no ‘3H BTT Circuíto da Caramiña’

1 minutes read
  • Trátase dunha das probas da Copa Galicia de Resistencia

Este domingo Camariñas será a sede do ‘3H BTT Circuíto da Caramiña’, unha das probas da Copa Galicia de Resistencia. Coordinado pola Federación Ciclismo Galego (FCG), o evento tamén conta co apoio do Concello e a Peña Ciclista Baikers do Vilán.

A competición comezará ás 10:00 horas e está previsto que remate sobre as 13 horas. Participan 198 bikers, que competirán en modalidade individual, por parellas ou equipos, tanto masculino, feminino ou mixto, nas seguintes categorías: Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Élite Fem., Élite, Junior Fem., Junior, Cicloturismo, Parellas Mix, Parellas Masc, Parellas Fem.

Os dorsais poderán recollerse o propio día da competición de 8:30 a 9:30 horas. Para participar na proba será obrigatorio presentar o certificado de vacinación con pauta completa ou un test de antíxenos realizado 72 horas antes da cita.

O circuíto desenvolverase na zona do campo de fútbol de Camariñas (sendo saída e meta) e pasará por zonas emblemáticas da localidade como a praia de Lago, Portocelo, o paseo dos Señores, a Fonte da Porca, San Xurelos ou Coenda entre outros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?