Camariñas, Dumbría, Santa Comba e Vimianzo dentro do programa «EU♥UE: Conexión Europa 4.0»

1 minutes read

«EU♥UE Conexión Europa 4.0», é unha acción de dinamización en liña dirixida á mocidade, de 16 a 25 anos, da provincia da Coruña que conta coa colaboración de varios concellos entre os que se atopan Camariñas, Dumbría, Santa Comba e Vimianzo. «Conexión Europa» será tamén un espazo para a participación e o debate sobre cuestións actuais da axenda europea, como as fronteiras ou a desinformación, poñendo sobre a mesa o papel que a mocidade pode representar na construcción do espazo público europeo. «EU♥UE Conexión Europa» desenvolverase do 27 ao 31 de xullo en horario de 11:00 a 12:00 e en formato integramente dixital.