A Xunta de Galicia e Ecoembes instalarán case 700 novos colectores en 32 concellos galegos para que os cidadáns poidan reciclar os seus envases de plásticos, latas e briks (contedor amarelo), e papel e cartón (contedor azul).
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Ecoembes, organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases en España, veñen de impulsar esta acción -á que se destinan 240.000 euros- recollida dentro do plan para fomentar e reforzar a reciclaxe na Comunidade galega. Entre os concellos da Costa da Morte que se beneficiarán destas novas infraestruturas para a reciclaxe están Camariñas e Ponteceso.
Desde a Consellería de Medio Ambiente destácase que a distribución de novos contedores é unha das liñas de actuación estratéxicas fixadas por ambas entidades recollidas nun proxecto conxunto, co fin de facilitar aos cidadáns a reciclaxe e así reforzar o seu compromiso co coidado do medio ambiente, a través dun xesto tan sinxelo como depositar nos colector correspondente este tipo de refugallos urbanos.