38
O afectado, un mozo coruñés duns 20 anos, estaba a realizar un roteiro de sendeirismo do Camiño dos Faros cuns compañeiros cando, segundo as testemuñas, consumiu -presuntamente unha baya- froito dunha planta de carácter venenoso que se atopaba no camiño. Tras atoparse mal de súpeto e dar a voz de alarma, o 112 Emerxencias Galicia enviou unha ambulancia ao momento que trasladou ao mozo ata o porto de Camariñas para ser evacuado inmediatamente en helicóptero ao hospital, dado o delicado estado de saúde no que se atopaba.