Camariñas | Obras de pavimentación nunha senda peonil en Camelle por case 49.000 euros

0 minutes read
  • Trátase dunha vía que vai de Rociñas a Carrofeito

O Concello de Camariñas destinará 48.399,84 euros á pavimentación da vía e delimitación dunha senda de Rociñas a Carrofeito, na parroquia de Camelle. Unha actuación financiada a través do Plan Único 2022 da Deputación da Coruña.

A primeira fase desta obra consiste na limpeza das beiravías, o pavimentado do firme con aglomerado asfáltico e a posterior sinalización da vía con pintura branca para «delimitar, coa maior claridade posible, a senda peonil e mellorar así a seguridade viaria na zona», afirman desde o goberno local.