Camariñas | Rematan as obras de reparación e asfaltado da rúa Seara e das súas travesías

1 minutes read

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o tenente de alcalde, Sergio Caamaño, levaron a cabo o acto de recepción do proxecto de reparación e asfaltado do pavimento da rúa Seara e das súas travesías adxacentes, que xa finalizou.  

A actuación contaba cun orzamento próximo aos 40 mil euros e consistiu nun primeiro momento no desbroce da maleza e na preparación do firme a pavimentar, reparando aquelas zonas onde estaba o firme en mal estado. Posteriormente, procedeuse a aplicar unha capa de aglomerado asfáltico.  

A alcaldesa, Sandra Insua, expresou que “pouco a pouco van rematando unha serie de proxectos e obras que tíñamos en marcha e que se foron retrasando por mor da paralización dos prazos administrativos como consecuencia da COVID-19”.