Camariñas sairá á rúa para realizar unha andaina solidaria pola Ataxia o 27 de setembro

0 minutes read

Organizada por ‘Con Ataxia pero Sin Límites’ coa colaboración do Concello, a andaina comenzará ás 12 horas e este ano percorrerase unha nova ruta, desde o paseo marítimo da Ponte do Porto cara a Cereixo, ida e volta, unha opción adaptada para persoas en cadeira de rodas.
Ao remate haberá actividades para todas as idades como inchables, pinchos, sorteos e moito máis. Ademais, o evento contará cunha exposición de coches clásicos. 
As persoas interesadas poden inscribirse a través do número de teléfono 697 828 580.