Camariñas solicita unha subvención para unha auditoría do abastecemento de auga

0 minutes read

O Concello de Camariñas vén de solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, concretamente a Augas de Galicia, para financiar a realización dunha auditoría do servizo de abastecemento de auga potable, un contrato que contaría cun orzamento de 8.000 euros.

O obxectivo desta actuación é o de realizar un recoñecemento detallado do sistema de abastecemento en alta e de subministración en baixa que cuantifique as perdas de auga e deseñe un plan de actuacións concreto para minimizalas.