Camariñas ten un novo «Bibliobebé»

0 minutes read

Trátase de Telmo, da Ponte do Porto, os seus pais, Enrique Álvarez Pardiñas e Camino Vilanova Rodríguez, recolleron os agasallos que entrega o Concello de Camariñas aos nenos e nenas nados no 2020.

Consiste nun libro na súa lingua materna, un babeiro de encaixe e unha tarxeta de felicitación co lema: “Un nacemento e un libro son o comezo de todos os sucesos marabillosos”.

A concelleira Encarna Liñeiro e a alcaldesa Sandra Insua foron as encargadas de facerlle a entrega do agasallo á nai, en presenza do neno.