Camariñas terá un Museo dos Naufraxios

0 minutes read

O goberno local de Camariñas pretende darlle vida á Lonxa Vella transformando o antigo edificio no Museo dos Naufraxios.
As xestións para a cesión da titularidade do edificio avanzaron este mércores nunha reunión telemática cos técnicos de Portos de Galicia na que participaron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a concelleira Encarna Liñeiro.
Ademais do Museo dos Naufraxios, tamén se habilitará no edificio unha sala que albergará conferencias e cursos formativos e unha cafetería que dará uso aos usuarios e usuarias do museo.