Cambre Empresarial pide unha mesa de traballo con solucións para a hostalería

1 minutes read

A Asociación de Empresarios Cambre Empresarial emitiu un comunicado no que defenden á hostalería nun estado que cualifican de «momentos duros coas novas medidas tomadas pola Xunta de Galicia polo peche total da hostalería no 60% de toda Galicia», empresas, afirman, que cumpren con todos os protocolos esixidos e onde estatisticamente é onde menos contaxios existen. Desde Cambre Empresarial inciden en que “non son os culpables, pero se queren ser parte da solución”. Polo que farán entrega canto antes de reivindicacións á Xunta dando o seu punto de vista e esixindo que se faga unha mesa de traballo onde se confronten solucións para o sector hostaleiro, o máis castigado desde o principio da pandemia.