‘Camiño cara a natureza’ | Unha das novidades da oferta de campos de voluntariado deste ano

1 minutes read

Os campos de voluntariado de Boquixón, así como o resto de actividades da campaña de verán, permiten que a mocidade adquiran competencias da aprendizaxe non formal. Ademais, representan unha oportunidade para dinamizar estas zonas da comunidade e ampliar o coñecemento delas, así como da propia vida dos seus veciños, entre a xente nova.

As mozas e mozos que participan nesta actividade, de entre 18 e 30 anos, están a realizar actividades de sendeirismo e alóxanse nas instalacións da Escola de Capacitación Agraria, na parroquia de Sergude. Esta localización é unha das 13 novidades da oferta de campos de voluntariado da campaña de verán deste ano.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou este campo de voluntariado ‘Camiño cara a natureza’ onde destacou que esta actividade está permitindo facer unha importante labor de recuperación e limpeza das beiras do río Ulla.