A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) quere adicar este 2023 á sensibilización sobre a discapacidade ante a sociedade e os poderes políticos, para que tomen conciencia de que hoxe en día son moitas as familias que viven unha vida marcada polo incumprimento dos seus dereitos.
En palabras do presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, “pese a ser un número moi importante de persoas con moito que aportar, vivimos en risco de exclusión social”.
Esta campaña, que difundirán mensualmente a través de medios de comunicación e das redes sociais, comprenderá 12 pezas audiovisuais sendo cada unha delas unha reivindicación.
O primeiro dos 12 vídeos amosa os diferentes servizos que desenvolve COGAMI a favor de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.