Campaña especial de vixilancia e control de vehículos en A Coruña

1 minutes read
  • As patrullas percorreron a cidade a pé, en moto e en coche con mensaxes nas pantallas dos vehículos co fin de que a cidadanía contribúa a mellorar a seguridade viaria

Este luns o goberno local coruñés puxo en marcha a campaña especial de vixilancia e control de estacionamentos incorrectos de vehículos coa presenza de unidades que fixeron ao longo do día un labor divulgativo sobre os bos hábitos a través de mensaxes nas pantallas dos vehículos e nos paneis de tráfico.

Varias patrullas percorreron tamén os puntos máis conflitivos a pé co fin de corrixir de maneira progresiva as malas prácticas para sancionar nas próximas semanas aos que producen «serios trastornos na mobilidade urbana e na seguridade das e dos usuarios», como apuntou a alcaldesa Inés Rey na presentación.

Ademais dun control móbil que se realizará por toda a cidade, a novidade inclúe a activación das cámaras instaladas nos semáforos e que servirán para detectar os coches que están estacionados en dobre fila e que ata o de agora gozaron de certa impunidade. Neste punto non só se tratará de paliar os problemas xerados por esta cuestión, tamén os que se producen polas persoas condutoras que aparcan encima de pasos de peóns e beirarrúas impedindo a súa circulación ou taponando a entrada de portais e ocupando as zonas de carga e descarga