O GP de Xapón de Fórmula 1 non se celebrará este 2021 como estaba previsto, o próximo 10 de outubro, polo aumento de casos de COVID-19. Así o confirmou a organización do Mundial nun comunicado. No mesmo, sinálase que a decisión parte do Goberno do país nipón, que o achaca ás “crecentes complicacións derivadas da pandemia”. Na concisa nota, a organización engade que traballa en ultimar os detalles do calendario revisado e anunciará os mesmos “nas próximas semanas”. Xapón, que xa cancelara o GP de MotoGP que se ía a celebrar xusto unha semana antes, si que fixo o esforzo de manter os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Tokyo 2020, estes últimos dando comezo o próximo 24 de agosto. Para a F1 supón un novo contratempo tras outras cancelacións como as de Australia, Singapur e as dúbidas en torno ao GP de Países Baixos, que finalmente segue o seu curso para o 5 de setembro.
34