Cancelados máis de 20 voos en Vigo polo mal estado dunha pista

1 minutes read

Entre os viaxeiros dos voos afectados hai malestar tanto polo trastorno causado como, aseguran, pola falta de información e mesmo de transporte alternativo. Este sábado canceláronse tres voos con destino a Madrid e outros dous que procedían da capital así como o que ía a Tenerife e un que viña de Barcelona. Os viaxeiros de todos eses avións foron desviados ao aeroporto de Lavacolla. Dende Aena aseguran que o ‘bache’ que apareceu na pista de aterraxe é debido a un paso excesivo dos avións nesa zona, que utilizan para frear. Aena considera que o peche da pista con suficiente previsión permitiu evitar danos materiais e mesmo persoais. Afirman que este luns podería quedar o problema solucionado.