Capturamos a entrada da alerta laranxa no litoral galego

1 minutes read
  • A cámara da estación meteorolóxica NH de Vimianzo capta en directo a tormenta formada no Océano Atlántico

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa que afectará a todo o litoral galego ao longo da xornada do xoves.  Este fenómeno meteorolóxico traerá consigo ondas de oeste a noroeste de cinco a seis metros, e arrincará a partir do mediodía nas provincias da Coruña e Pontevedra para estenderse a última hora da tarde ao litoral de Lugo.  

Emerxencias informou da situación ás diferentes entidades municipais e provinciais, ademais de servizos de Emerxencias e de Protección Civil, entre outros, para que adopten as medidas de seguridade oportunas.   Así mesmo, recoméndase evitar os diques e zonas de costa para previr eventuais golpes de mar, ademais de evitar as actividades pesqueiras e de marisqueo nas zonas máis perigosas.