Carambola de España para pasar de fase


Durante cinco minutos España e Alemaña estiveron na rúa. España acabou salvándose grazas ao triunfo de Alemaña diante de Costa Rica. A derrota que sufriu diante do Xapón (1-2) baixounos á segunda posición do grupo e enfrontaranse a Marrocos nos oitavos de final. O partido comezou do mellor xeito para a selección española demostrando o control habitual que exerce nos partidos. O gol de Morata axudou a ter un dominio total sobre o Xapón que apenas inquietou a porta de Unai Simón. O Xapón saíu con moita agresividade no segundo tempo e sorprendeu á selección española con dous goles en cinco minutos. Os tantos de Ritsu Doan e Ao Tanaka puxeron o grupo patás arriba.