Carballo | A Escola de Natación iniciará o novo curso o 13 de setembro

1 minutes read

Coa chegada do curso escolar este mes de setembro tamén se abren os prazos para participar en diferentes actividades lúdicas e deportivas. Este é o caso da Escola de Natación de Carballo, que iniciará o curso 2021-2022 o vindeiro 13 de setembro.

Tal e como sinalan desde a área de Deportes, este ano ofertaranse 540 prazas mediante renovación automática dos usuarios do pasado curso, procedendo á comunicación da dispoñibilidade de praza ao resto de usuarios dependendo da súa reserva ou preinscrición.

Os nenos con praza teñen ata o 10 de setembro para solicitar renunciar á mesma ou solicitar o cambio de grupo asignado.