Na mañá deste martes produciuse un accidente de tráfico na estrada AC-413 que une Carballo e Ordes. O sinistro tivo lugar nunha intersección que comunica esta estrada co lugar de Cobas na carballesa parroquia de Sofán. Un pequeno camión, que ao parecer se incorporaba a esta vía, chocou cun turismo que circulaba en dirección a Carballo. Como consecuencia do impacto tres persoas resultaron feridas de diferente consideración, o condutor da camioneta e dous ocupantes do turismo. Ambos foron evacuados do lugar en ambulancia, aínda que en primeira instancia con prognostico leve. Ao lugar, ás 8:10 horas, alertados polo 112 Emerxencias Galicia acudiron a Garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Carballo, Protección Civil e tres ambulancias do 061. Investigan as causas do sinistro que mantivo retencións no lugar durante varios minutos.
53