Carballo acolle esta fin de semana dúas interesantes e, previsiblemente, intensas fases de ascenso de baloncesto: por unha banda, a fase de ascenso a 2ª División Autonómica, na que entre os catro aspirantes está o Turismo Carballo de 3ª División, e, por outra, a fase de ascenso a 1ª División cadete feminina, con oito equipos entre os que figura o representante local Xestoría Queijo Xiria Artai.
O Club Baloncesto Artai é o encargado de organizar a fase de ascenso a 2ª División. O seu presidente, Joaquín Moreira, xunto coa directora do CPR Plurilingüe Artai, Macarena Mato; así coma o director deportivo da Escola Basket Xiria, Arturo Ferraces, que organiza a competición cadete, presentaron o cartel nun acto no que tamén participaron José Manuel Villamarín, vicepresidente segundo da Federación Galega de Baloncesto; Marcos Trigo, concelleiro de Deporte; Xosé Regueira, concelleiro de Turismo e vicepresidente da Deputación, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo.
Na Fase de Ascenso en categoría Cadete Feminina, o equipo XESTORIA QUEIJO XIRIA ARTAI, loitará xunto a outros sete equipos, pola única praza de Ascenso dispoñible.
O equipo local, disputará o seu partido de cuartos de final, no Pavillón de Bergantiños o sábado as 12:45 contra o equipo ferrolán de BAXI FERROL.
A competición dispútase nos pavillóns de Bergantiños e IES Parga Pondal, nun total de 7 partidos que rematará coa gran final o domingo dia 13 as 12:30 Xunto ao equipo de Carballo, equipos representantes de toda Galicia, darán cor aos pavillóns do Concello de Carballo, que seguindo un estrito protocolo anticovid, permitirá aos siareiros gozar do campionato o sábado e domingo.
Equipos participantes.
- Celta Zorka de Vigo
• CB Noia
• EstudIantes de Lugo
• Sto Domingo de Betanzos
• Salesianos Vigo
• Clb Cortegada de Vilagarcia
• Baxi Ferrol
- XESTORIA QUEIJO XIRIA ARTAI
Fase de ascenso a 2ª División Autonómica sénior masculina
A fase de ascenso disputarase o sábado 12 no pavillón Vila de Noia, coa participación dos equipos Turismo Carballo, ADFRO da Coruña, Esclavas Trebóns da Coruña e Básquet Ames. Só ascende o equipo campión. O formato da competición será o seguinte:
- 10:00 horas (1ª semifinal): Turismo Carballo-Esclavas
- 12:30 horas (2ª semifinal): ADFRO-CB Ames
- 18:00 horas: final