48
Carballo acolleu este sábado 1 de xuño a fase final da Copa Coruña de baloncesto na categoría cadete feminina. A organización correspondeu á Escola Basket Xiria despois de que o Clínica Dental Noa García Xiria-Artai, adestrado por Héctor Añón, rematase invicto a liguiña previa.
Celebrouse no pavillón Vila de Noia. O equipo carballés perdeu por dous puntos fronte ao Montrove.
Ainda así o equipo carballés culmina unha gran temporada, na que foi primeiro da súa liga regular e xogou a fase de ascenso.