O Circuíto Municipal de Carballo volverá abrir as súas portas esta fin de semana para acoller a primeira proba da temporada do Campionato de España de Autocross. O 15º Autocross Carballo comezará o venres pola tarde con adestramentos libres e verificacións, que continuarán o sábado 8 pola mañá no propio circuíto. O sábado disputaranse as primeiras mangas clasificatorias, e o domingo serán as últimas mangas e as finais. Das condicións do circuíto municipal e da necesidade de seguilo mellorando para que poida acoller competicións aínda de maior nivel falou Ernesto Rumbo, de Escudería Club Rally Coruña, na presentación da carreira, na que tamén participaron Diego Iglesias, da Escudería Máis Motor; a deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, e o alcalde, Evencio Ferrero.
22