Dentro do marco da Escola de Adestradores iniciada pola Escola Basket Xiria, que este ano dirixiu Fernando Buendía e coordinado por Arturo Ferraces, co apoio do Concello de Carballo, o Club pon en marcha unha xornada de formación para adestradores e amantes do mundo do baloncesto que acercará a Liga Endesa á localidade.
A xornada constará de tres charlas, a cargo de Oscar Lata (Axudante en UCAM MURCIA da Liga ACB, ex adestrador de Basket Xiria), Victor Perez (Axudante en MONBUS OBRADOIRO da liga ACB) e Jota Cuspinera, adestrador ACB de longa experiencia.
O Clinic está pensado na formación do xogador, para que sirva coma referencia para os adestradores de base, e poidan aplicar cos seus xogadores os coñecementos recibidos.
Unha charla pola mañá e dúas na sesión de tarde, completan un gran cartel para este clinic, que convalida 12 horas de formación nos cursos da FEGABA e que nace coa idea de converterse nun clásico de estas datas na comarca de Bergantiños e que ten xa aberto o prazo de inscrición dende o pasado mércores 25 de Maio.
- HORARIOS:
12:00 Victor Pérez. «Traballo de mans para a mellora individual»
16:30 Jota Cuspinera «Uso de espazos para o desenvolvemento do xogador»
18:30 Oscar Lata «Xogo de Cara: búsqueda de solucións individuais»