Carballo | Alumnos do IES Isidro Parga Pondal crean un vídeo para felicitar o Nadal

1 minutes read

Máis dun cento de alumnos e alumnas colaboraron co departamento de música do IES Isidro Parga Pondal de Carballo para a creación dunha nova peza audiovisual mediante a cal felicitan o Nadal. Definida na presentación, coa interpretación dun neno, «como unha árbore musical moi especial», nela participaron diferentes alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, interpretando pezas como A Vida é Bela, de Nicola Piovani, Hava Nagila do Coro Turetsky. I Feel Good de James Brown, Piratas do Caribe de Hans Zimmer. Ademais tamén bordaron a interpretación das sintonías de The Final Countdown de Europe e All I Want For Christmas Is You de Mariah Carey. Todo baixo a dirección do profesorado de música, Anxo Rodríguez e Vanessa Lorenzo.