- O horario de apertura será como máximo de 10:00 a 21:00 horas, e non se permitirá música ambiental
O parque do San Martiño, na vila de Carballo, albergará ata mediados de setembro as atraccións infantís que iniciaron a súa actividade a principios de agosto despois de meses de dificultades debido ás restricións sanitarias. De feito, a falta de traballo para este sector é un dos motivos polos que desde o Concello decidiron ampliar a súa estadía.
Non se permitirán piscinas de bólas, pola dificultade da súa limpeza, pero ese espazo poderá dedicarse a outra actividade lúdica para o público infantil. As normas non mudan: deberase respetar a distancia de seguridade interpersoal, a máscara será obrigatoria en todas as atraccións (tanto por parte dos empregados como dos usuarios), aplicaranse as medidas de hixiene oportunas e nas atraccións inchables o aforo non superará o 50%.
O horario de apertura será como máximo de 10:00 a 21:00 horas, e non se permitirá música ambiental nin aparatos emisores de sons molestos para a veciñanza.