A estrada volve cobrar unha nova vida na comarca. Neste caso tratouse dun peón, Edelmiro Viña Varela de 61 anos, que presuntamente cruzaba a calzada AC-552 nun lugar próximo á igrexa de Bértoa. A persoa foi alcanzada por un turismo que circulaba dirección a Carballo e faleceu practicamente no acto. Os feitos ocorreron minutos antes das 12:30 horas, o 112 Emerxencias Galicia mobilizou a unha Ambulancia do 061, Bombeiros, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local de Carballo, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida. A vítima era un veciño da rúa Alfonso X, próxima ao lugar do accidente. No lugar do atropelo a velocidade está limitada a 50 Km/ h e o paso de peóns máis próximo está a uns cen metros, regulado por semáforo con pulsador. Ao lugar tamén acudiu unha patrulla de Atestados, en aras de investigar en profundidade o ocorrido.
42