43
Carballo ten novas actuacións en marcha orientadas a mellorar a accesibilidade e a seguridade na zona urbana, por unha banda continúan as obras de eliminación de barreiras arquitectónicas en distintos puntos, que se realizan de xeito simultáneo á mellora da seguridade nos pasos de peóns. Por outra, avanzan os traballos de reurbanización da rúa Bos Aires, como puideron comprobar o alcalde, Evencio Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas. O investimento que está a realizar o Concello de Carballo nestes proxectos, que son executados pola empresa Vázquez y Reino, supera os 650.000 euros.