O Concello de Carballo ofrece á veciñanza a posibilidade de mellorar o manexo dos teléfonos móbiles cunha serie de obradoiros prácticos que son impartidos a través da Cruz Vermella. No mes de xuño comezaba na parroquia de Sofán o primeiro curso dende a pandemia, e nestes cinco meses lévanse impartido tamén en Lema, Noicela e Carballo. Nas vindeiras semanas levaranse a cabo os tres últimos deste ano, que terán lugar nas parroquias de Cances (días 22, 24 e 29 de novembro), Bértoa (días 23 e 30 de novembro e 1 de decembro) e Artes (días 13, 14 e 20 de decembro). Esta actividade, organizada polas concellarías de Terceira Idade e Benestar, vai especialmente dirixida ás persoas maiores, coa finalidade de facilitarlles o acceso a unha ferramenta de uso tan cotiá como o teléfono móbil.
36