Carballo | Celebración este venres do tradicional festival Live in Cances

1 minutes read

A parroquia carballesa de Cances celebrará o próximo venres 10 de novembro a 17 edición do seu tradicional festival de pop rock en vivo Live in Cances. Nesta ocasión participarán dous grupos locais, Rusty Nuts, que está a dar os seus primeiros pasos na música, aínda que xa deu algúns concertos na Coruña e tamén estivo no Xiria Pop de Carballo; e Aquilon, que debutará nesta ocasión cos seus propios temas. O festival celebrarase no centro social de Cances a partir das 22:00 horas.

Ao día seguinte terá lugar o tradicional magosto, a partir das 19.30 horas no local social. Haberá teatro, co espectáculo “Médido a paus”, e baile co dúo Mar de Caión. Os asistentes poderán degustar castañas asadas, chocolate quente, biscoitos e viño, ademais de gozar do teatro e da música.

O evento está organizado pola Asociación Cultural San Campio de Cances e no que tamén colabora o Concello de Carballo.