A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, realizou na mañá deste xoves unha visita ao cuartel da Garda Civil de Carballo, onde está previsto que se acometan en breve algunhas obras de mellora, e ao mesmo tempo para coñecer o novo equipo especializado na loita contra a violencia de xénero que está a traballar nesta demarcación dende principios de ano. Acto seguido, acompañada polo alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina, asistiu no salón de plenos do Concello á reunión anual da Xunta Local de Seguridade, cuxo eixo foi, precisamente, a loita contra a violencia de xénero. Os presentes tamén manifestaron a súa preocupación polo incremento dos delitos informáticos. Por parte da Policía Local de Carballo tamén se realizou unha exposición das actuacións realizadas nos primeiros seis meses deste 2022 nos distintos ámbitos da súa competencia, especialmente en canto ao tráfico e ao cumprimento das ordenanzas municipais vixentes.
33