Carballo celebrará xunta de goberno local e pleno ordinario o vindeiro luns

2 minutes read

O alcalde, Evencio Ferrero, presentou este venres os asuntos do pleno, entre os que figuran os seguintes:

-Recoñecemento de obrigas pendentes de exercicios anteriores por importe de 19.743,53 euros. Corresponden a facturas do ano pasado que aínda se presentaron agora no Concello.

-Desafectación da antiga escola de Gontade-Ardaña, o que permitirá destinala a outros usos. As obras de reforma do edificio xa están rematadas.

-Moción do PP sobre a avenida de Fisterra.

Evencio Ferrero afirma que “é unha vía autonómica e debería facer as actuacións a Xunta, como está a facer noutros concellos, pero no Concello de Carballo non teriamos inconvinte en colaborar na porcentaxe que se estime oportuna”, matizou.

-Moción do PP sobre a Lei de Amnistía.

Evencio Ferrero dixo que “o feito de que se vai debater un día antes do debate de investidura de Feijoo non ten moito sentido, ou quizáis xa teñen claro que non vai ser presidente. Na miña opinión, temos moito onde meter man sen invadir competencias doutras administracións. Os concellos non lexislamos. Cumprimos mandatos, non lexislaturas”, concluíu.

Maruxa Suárez substituirá a Daniel Pérez na XGL.

Darase conta tamén do cese de Daniel Pérez como membro da Xunta de Goberno Local por incompatibilidade de asistencia co Parlamento de Galiza (coinciden as reunións os mesmos luns á mesma hora). O concelleiro e deputado será substituído na Xunta de Goberno Local por Maruxa Suárez.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?