Carballo | Cortes de tráfico na zona do Chorís do 22 ao 27 de xullo

1 minutes read
  • O motivo dos mesmos son as obras de mellora na rotonda da avenida de Bergantiños

Dende o xoves 22 ata o martes 27 haberá varios cortes de tráfico na zona do Chorís debido ás obras na rotonda da avenida de Bergantiños que, despois de ter detectado defectos na súa execución, será modificada para adaptala ao proxecto.

Os cortes de tráfico afectarán ás rúas Vila de Corcubión e Doutor Fleming, nos treitos comprendidos entre a Gran Vía e a propia rotonda, e á avenida de Bergantiños. Aínda que se habilitará un carril de circulación nos dous sentidos que estará regulado mediante semáforos, nalgúns momentos puntuais o peche das rúas pode ser total.

O acceso para as persoas residentes estará garantido durante toda a execución da obra, que tamén inclúe a reposición nos treitos de vía da contorna da rotonda afectados pola instalación de servizos soterrados.