Carballo | Denunciado un condutor en sentido contrario e cunha taxa de 1,15 en alcol

1 minutes read

O home, de mediana idade, veciño de Santiago de Compostela, foi interceptado por unha patrulla policial circulando en sentido contrario pola céntrica rúa Camiño Novo nun turismo da marca Honda. Ao ser esta rúa de sentido único e atoparse de fronte co vehículo dos axentes, non tivo escapatoria. Ao condutor foille practicada a proba de alcoholemia lanzando en primeira instancia unha taxa de 1,15 miligramos por litro de aire expirado, máis de catro veces o máximo permitido. Por iso foille inmobilizado o turismo e o infractor pasará a disposición xudicial, podendo enfrontarse a unha retirada do carné de conducir de 1 a 4 anos, ademais dunha sanción económica considerable.

Alcol e drogas, un factor de risco ao volante especialmente entre os máis novos

En preto da metade dos condutores falecidos nas estradas españolas en 2021 detectouse a presenza de drogas, alcol ou psicofármacos.  Axentes da Garda Civil de Tráfico e responsables da DXT levan a cabo en varias cidades obradoiros para concienciar os máis novos sobre as consecuencias de poñerse ao volante baixo os efectos destas substancias. Fano contando as historias que están detrás das cifras pero tamén permitindo que os rapaces experimenten en primeira persoa como limita a nosa capacidade de reacción o seu consumo.