42
O 112 Emerxencias Galicia activou unha alerta ás 15:12 horas deste mércores por un accidente de tráfico con feridos no lugar do Moucho, na parroquia carballesa de Verdillo. Ao lugar desprazáronse de inmediato os servizos de emerxencia, onde a súa chegada o 061 tivo que evacuar en ambulancia ao hospital ás dúas persoas feridas, únicas ocupantes do turismo sinistrado.